Curso "Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto da investigación"

Nova edición do curso semipresencial "Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación" en colaboración co Servizo de Biblioteca Universitaria e as bibliotecas dos centros

Destinatarios
Persoal docente e investigador (PDI) e alumnado de doutoramento da Universidade da Coruña

Modalidade

Semipresencial de 12 horas:

  • 8h teóricas en liña a través da plataforma Moodle
  • 4h prácticas en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros

Cronograma

  • Parte teórica en liña: do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2017
  • Obradoiros presenciais: do 2 de marzo ao  31 de marzo de 2017 (acordarase a data coa biblioteca de cada centro)

Prazo de inscrición
Do 9 ao 15 de xaneiro de 2017 no seguinte formulario de preinscrición (o formulario permanecerá aberto dende as 10:00h do primeiro día de prazo ata as 23:59 do último)


Máis información na ficha do curso