Xornada sobre Deporte, Ocio e Turismo na Diversidade Funcional

"¿Ocio Inaccesible?" #YoElijoMiOcio

cabecera web

O artigo 30 da Convención Internacional sobre os Dereitos das persoas con discapacidade recolle que todas as persoas teñen dereito a particpar, en igualdade de condicións, na vida cultural, a desenvolver e empregar o seu potencial creativo, artístico e intelectual (en beneficio propio e da sociedade) e en actividades deportivas, recreativas e turísticas.

Neste marco e tendo presente que o vindeiro 3 de decembro é o Día Internacional das persoas con Discapacidade, a Fundación Abrente e a Unidade de Atención á Diversidade da Universidade da Coruña veñen de organizar conxuntamente esta Xornada sobre Deporte, Ocio e Turismo na Diversidade Funcional, na que se debatirá sobre a realidade da accesibilidade nestes ámbitos a través do intercambio de experiencias de diferentes colectivos.

DATAS: Venres 1 de decembro de 2017

HORARIO: De 9:00 h a 20:00 h

LUGAR: Sesión de mañá - Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación. Campus de  Elviña (A Coruña) | Sesión de tarde - Pavillón de Deportes. Campus de Elviña (A Coruña)

 

A inscrición é gratuita ata completar aforo empregando o seguinte formulario de inscrición

Pódese consultar aquí o programa da xornada