Bolsas e axudas para alumnado con discapacidade para o curso 2017/2018

Convocatoria de Axudas da Universidade da Coruña para estudantes con necesidades educativas especiais

Modalidades de bolsas:

  • Axudas a estudantes matriculados nos centros propios da Universidade da Coruña e nunha titulación oficial, que teñan recoñecida legalmente a condición de discapacidade.

Prazo de presentación: Outubro de 2017

Máis información: http://www.udc.es/admision_bolsas/axudas/index.html?language=gl&tipo=propias

 

XI Convocatoria de Bolsas Fundación Universia 2017 - 2018

Modalidades de bolsas:

    • Bolsas de acceso (dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez en estudos universitarios de grao)
    • Bolsas de progreso (dirixidas a estudantes que xa accederan á universidade)
    • Bolsas de mobilidade (dirixidas a estudantes que, en virtude dun programa de intercambio da propia universidade, desexen realizar un período de formación, como mínimo dun trimestre, nunha universidade distinta á súa de orixe con destino internacional)

    Prazo de presentación: Entre o 14 de setembro e o 27 de outubro de 2017
    Máis información: http://www.fundacionuniversia.net/becas-fundacion-universia/

     

    Programa de Bolsas Fundación Repsol para Grao e Mestrado en materias relacionadas coa exploración e produción

    Modalidades das bolsas:

    • Bolsas de grao (dirixidas a estudantes matriculados, ou en condicións de matricularse por primeira vez, nas ensinanzas oficiais ás que se dirixe a convocatoria)
    • Bolsas de mestrado (dirixidas a titulados/as universitarios/as nas ensinanzas oficiais ás que se dirixe a convocatoria, cunha antiguidade non superior a dous cursos académicos inmediantamente anteriores á data de presentación da candidatura e posuir un nivel intermedio de inglés B2 ou equivalente)

    Prazo de presentación: Ata o 27 de outubro de 2017

    Máis información: http://www.fundacionrepsol.com/es/proyectos/becas

     

    XI Convocatoria de Bolsas para a Formación Universitaria e de Ciclos de Grao Superior dirixidas a estudantes con discapacidade

    Modalidade das bolsas:

      • Bolsas de grao, mestrado e ciclo formativo de grao superior

      Prazo de presentación: Do 1 de setembro ao 13 de outubro de 2017

      Máis información: http://www.fundacionprevent.com/spa/pages/area/inclusion-d

       

      Programa de Bolsas Fundación ONCE "Oportunidade ao Talentao" para estudantes e titulados/as universitarios/as con discapacidade

      Modalidades de bolsas:

      • Bolsas de mobilidade transnacional e mestrado
      • Bolsas de mestrado e posgraos
      • Bolsas de doutoramento
      • Bolsas á investigación
      • Bolsas de estudos e deporte
      • Bolsas Fundación Once/INECO de mobilidade internacional e mestrado para estudantes de enxeñarías
      • Bolsas Fundación Once/Laboratorios ALCÓN

      Prazo de presentación bolsas de mobilidade, mestrado e posgraos e estudos e deporte: Entre o 3 de xullo e o 3 de outubro  de 2017

      Prazo de presentación bolsas de doutoramento e investigación: Entre o 29 de xullo e o 10 de outubro de 2017

      Máis información: http://becas.fundaciononce.es/Paginas/BecasOportunidadTalento.aspx