Curso "Iniciación a GNU Octave"

Xa está aberto o prazo de preinscrición para o curso "Iniciación a GNU Octave" destinado a docentes da UDC, organizado dende a Oficina de Software Libre en colaboración co CUFIE e que se desenvolverá en liña a través da Aula virtual do CIXUG do 18 de setembro ao 15 de outubro de 2017.

Podedes consultar a información do curso na seguinte ligazón: ficha do curso

O formulario de preinscrición estará aberto ata o 15 de setembro do 2017 ás 14:00 horas, podedes acceder a el na seguinte ligazón: formulario de preinscrición (formulario pechado).

 

Listaxe de inscritos/as ao curso