Listaxes provisionais para o Programa Espazo Compartido

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

Unha vez rematado o proceso de selección para a promoción 2017-2019 do Programa Universitario Espazo Compartido e logo de revisar os resultados acadados por cada persoa nas diversas probas selectivas, publicamos:
a) Relación provisional de participantes admitidos/as
b) Relación provisional de participantes excluídos/as, coa indicación da causa de exclusión
A publicación da listaxe definitiva das persoas admitidas estará dispoñible o vindeiro 21 de agosto do 2017 na web do CUFIE.
As persoas admitidas deberán formalizar a súa matrícula do 22 de agosto ao 8 de setembro do 2017 nas dependencias da Unidade de Atención á Diversidade (ADI) no Edificio Xoana Capdevielle.
As persoas excluídas disporán dun prazo de 5 días hábiles, que contarán desde o día seguinte á publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na web do CUFIE, para presentar alegacións no rexistro da Universidade da Coruña, dirixido á vicerreitora do campus de Ferrol e responsabilidade social.
 

Para consultar o documento completo premer aquí