Solicitude de adaptacións e servizos da ADI

Aberto o prazo ata o 31 de agosto para solicitar as adaptacións e os servizos que proporciona a Unidade de Atención á Diversidade (asistencia persoal, transporte adaptado, etc.) para alumnado da Universidade da Coruña con discapacidade e/ou con necesidades específicas de apoio de cara ao vindeiro curso académico 2017/2018.

Podedes consultar no seguinte enlace, na sección de adaptacións, toda a documentación precisa e o enlace ó documento que hai que entregar: http://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado.html