Curso de verán "Docentes Conectad@s: O reto de educar na era dixital"

Inscrición ata o 5 de xullo de 2017

DOCENTES CONECTAD@S: O RETO DE EDUCAR NA ERA DIXITAL
10 e 11 de xullo de 2017

A finalidade principal do curso é proporcionarlles aos profesionais da educación de distintas etapas do sistema educativo, tradicionalmente desconectadas entre sí, ocasións para o debate e o intercambio de ideas sobre a mellora da súa práctica docente, así como para a aplicación e experimentación práctica de técnicas, metodoloxía e recursos que deriven nun incremento da calidade dos procesos de ensino-aprendizaxe.

Prazo de matrícula: do 19 de maio ata o 5 de xullo de 2017 - Formulario de matrícula

Número de prazas: 120

Horas de duración: 15

Lugar de realización: Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña)

Perfil preferente do alumnado: Estudantes da Facultade de Ciencias da Educación, profesorado das tres universidades galegas, profesorado de ensinanzas medias (ESO, Bacharelato, FP), calquera persoa interesada no ámbito da Educación e da innovación

Prezo público xeral: 50 €

Prezo reducido: 30 € Aplicable a Estudantes de calquera universidade e comunidade universitaria da UDC.

Programa do curso de verán

 

Máis información: https://www.udc.es/cufie/INNOVACION/Cursoveran2017