Preinscrición no programa Espazo Compartido

Aberto o prazo de preinscrición ata o 19 de maio ao Programa "Espazo Compartido" de formación sociolaboral para persoas con discapacidade cognitiva que se desenvolverá durante o curso 2017/2018 e o 2018/2019 (ver destinatarios do programa).

Os interesados en formar parte do programa e/ou os seus representantes legais, deberán completar o formulario de preinscrición, imprimir o xustificante e presentalo nas oficinas da Unidade de Atención á Diversidade (ADI), situadas no Edificio Xoana Capdevielle - 1º Andar, Campus de Elviña, 15071, A Coruña.

O xustificante deberá acompañarse da seguinte documentación:

  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) da persoa interesada.
  • Fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do representante legal.
  • Fotocopia do Expediente Académico (Certificado de Estudos).
  • Currículum Vitae actualizado da persona.
  • Documentación que xustifique outros cursos e accións formativas.
  • Certificado de discapacidade completo e actualizado.
  • Declaración xurada de que a persoa interesada presenta unha conducta social axustada e non presenta problemas significativos de saúde mental.
  • Copia da tarxeta de demanda de emprego da persoa solicitante.
     
  • Quenes soliciten bolsa deberán achegar ademáis a seguinte documentación:

  • Copia da declaración da renda do 2016 de pais ou representantes legais.
  • Certificado de desemprego de pais ou representantes legais (se procede).
  • Certificado de convivencia (no que consten os habitantes da vivenda do estudante interesado).
  • Certificado ou declaración das prestacións sociais percibidas pola persoa interesada.
  • Carnet ou libro de familia numerosa.
  • Se algún membro da unidade de convivencia ten discapacidade, ademáis da persoa interesada, é necesario presentar o certificado de discapacidade para que sexa valorable

Máis información sobre o Programa Espazo Compartido en https://www.udc.es/cufie/ADI/EspazoCompartido/