Convocatoria participación no programa Mentor_In

Programa de mentoría para o desenvolvemento profesional do alumnado e egresados con discapacidade

A Universidade da Coruña, no marco do convenio coa Fundación Bancaria "La Caixa", abre o prazo de solicitude de participación no Proxecto Mentor_In co obxectivo de conectar estudantes e recén egresados da UDC con diversidade funcional con directivos/as e profesionais de recoñecido prestixio, cuxo papel como mentores/as será orientar e apoiar ao alumnado no paso ao entorno laboral, guiando a súa carreira profesional e indicándolle as súas fortalezas e debilidades á hora de buscar un emprego segundo o seu perfil.

Requisitos:

- Estar matriculado/a no curso 2016/2017 na Universidade da Coruña nunha titulación oficial de mestrado ou en último curso dunha titulación oficial de grao. Tamén poderán participar titulados/as da Universidade da Coruña nos cursos 2014/2015 e 2015/2016.

- Ter recoñecida legalmente a condición de discapacidade.

Desenvolvemento do programa: Entre os meses de abril e xullo de 2017

Prazo de inscrición: Aberto ata o 13 de marzo de 2017 mediante a instancia que se achega na convocatoria.


Máis información: Convocatoria do Progama Mentor_In da UDC

 

Guardar