Ciclo de Xornadas da Escola Internacional de Doutoramento da UDC

CICLO DE XORNADAS: O título de doutor a análise: carreira profesional e investigadora

A Escola Internacional de Doutoramento da UDC, en colaboración co CUFIE ven de comenzar un ciclo de xornadas que se inscriben dentro do programa de orientación a alumado de doutoramento da Univerisidade da Coruña e que terán consideración de actividade de formación transversal. Este ciclo constará de varias xornadas agrupadas por bloques temáticos.

I Xornada: "Doutores á marxe de hospitais, universidades e centros de investigación"

Poñente: Joaquín Soucheiron, asesor empresarial en BWCON

Data e hora de realización: 16 de marzo de 2017 ás 17:00h

Lugar de realización: Salón de Actos da Facultade de Ciencias (Campus A Zapateira)

Duración da xornada: 3 horas

Inscrición: Na seguinte ligazón (formulario de preinscrición), ata o 9 de marzo ás 14:00h

* Ao remate da xornada aquelas persoas que asistisen ás tres horas, recibirán unha certificación que poderán recoller no CUFIE (avisaráse por enderezo electrónico cando esté lista)