Bolsas e axudas a alumnado con discapacidade para o curso 2016/2017

Convocatoria de Axudas da Universidade da Coruña para estudantes con necesidades educativas especiais.

Modalidades de bolsas:

  • Axudas a estudantes matriculados nos centros propios da Universidade da Coruña e nunha titulación oficial, que teñan recoñecida legalmente a condición de discapacidade.

Prazo de presentación: Ata o 25 de outubro de 2016

Máis información: http://www.udc.es/admision_bolsas/axudas/bolsasUDC/2016/adi20162017.html

 

IX Convocatoria de Bolsas Fundación Universia Capacitas para estudantes universitarios con discapacidade.

Modalidades de bolsas:

  • Bolsas de acceso (dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez en estudos universitarios)
  • Bolsas de progreso (dirixidas a estudantes que xa accederan á universidade)
  • Bolsas de mobilidade (dirixidas a estudantes que, en virtude dun programa de intercambio da propia universidade, desexen realizar un período de formación, como mínimo dun trimestre, nunha universidade distinta á súa de orixe con destino internacional)

Prazo de presentación: Entre o 20 de xuño e o 2 de novembro de 2016
Máis información: https://candidatos.fundacionuniversia.net/becas_capacitas/

 

Programa de Bolsas Fundación ONCE “Oportunidade ao Talento” para estudantes e titulados/as universitarios/as con ‪‎discapacidad‬e.

Modalidades de bolsas:

  • Bolsas de mobilidade transnacional
  • Bolsas de mestrado e posgraos
  • Bolsas de doutoramento
  • Bolsas á investigación
  • Bolsas de estudos e deporte
  • Bolsas Fundación Once/INECO de mobilidade internacional e mestrado para estudantes de enxeñarías

Prazo de presentación bolsas de mobilidade, mestrado e posgraos e estudos e deporte: Entre o 13 de xullo e o 3 de outubro  de 2016

Prazo de presentación bolsas de doutoramento e investigación: Entre o 29 de xullo e o 10 de outubro de 2016

Máis información: http://becas.fundaciononce.es/

 

Bolsas da Fundación Repsol para estudantes con discapacidade en áreas técnicas relacionadas coa exploración e produción de hidrocarburos

Modalidades das bolsas:

  • Bolsas de grao (dirixidas a estudantes matriculados, ou en condicións de matricularse por primeira vez, nas ensinanzas oficiais ás que se dirixe a convocatoria)
  • Bolsas de mestrado (dirixidas a titulados/as universitarios/as nas ensinanzas oficiais ás que se dirixe a convocatoria, cunha antiguidade non superior a dous cursos académicos inmediantamente anteriores á data de presentación da candidatura e posuir un nivel intermedio de inglés B2 ou equivalente)

Prazo de presentación: Ata o 2 de novembro de 2016

Máis información: http://www.fundacionrepsol.com/es/proyectos/becas-para-educacion-en-exploracion-produccion

 

Bolsas para a Formación Universitaria e de Ciclos de Grao Superior da Fundación Prevent dirixidas a estudantes con discapacidade.

Modalidade das bolsas:

  • Bolsas de grao, mestrado e ciclo formativo de grao superior

Prazo de presentación: Do 1 de setembro ao 7 de outubro de 2016

Máis información: http://www.fundacionprevent.com/spa/pages/area/inclusion-de-personas-con-discapacidad/area-usuario-a-con-discapacidad/becas-para-la-formacion