Preinscrición para o curso "ENGLISH AS A MEDIUM OF INSTRUCTION (EMI)"

 Xa está aberto o prazo de preinscrición para o curso "ENGLISH AS A MEDIUM OF INSTRUCTION (EMI)" destinado a docentes da UDC e que se organiza dende a Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación dentro do Plano de Apoio Lingüístico para a Docencia en Inglés (PALDI). 

Podedes consultar a información do curso na seguinte ligazón: ficha do curso

O formulario de preinscrición estará aberto ata o 3 de xullo do 2016, podedes acceder a el na seguinte ligazón: formulario de preinscrición.