Presentación da documentación acreditativa de experiencias de ApS

Desde o CUFIE queremos informarvos de que está prevista a reunión da comisión coordinadora de ApS para o día 22 do próximo mes de xuño. Por conseguinte, listamos a continuación os prazos para presentación de documentación acreditativa de proxectos susceptibles de seren avaliados pola dita comisión:

  • 11 de xuño: peche de recepción de documentación para os proxectos correspondentes a este curso ou cursos anteriores.
  • 12-21: A comisión revisará toda a documentación presentada
  • 22 de xuño: Reunión da comisión coordinadora para emitir unha valoración conxunta das propostas revisadas.
  • 26 xuño-28 de xullo: Proceso de redacción e envío de informes ao PDI participante cos resultados da valoración da comisión. Tramitación das certificacións por parte do CUFIE.

Lembrarvos que tal como recolle o Documento marco do programa de Aprendizaxe Servizo na UDC, a documentación a presentar será: 

  • Memoria que recolla en detalle as evidencias do desenvolvemento da experiencia (Descarga aquí un modelo de memoria)
  • Presentación breve e gráfica con finalidade divulgativa que resuma os aspectos principais do proxecto e as reflexións e conclusións dos participantes.

       NOTA: preferentemente entregar ambas en formato pdf

O enderezo de envío desta documentación é o seguinte: innovacion.cufie@udc.es

Na web do Cufie tedes á vosa disposición a guía titulada Avalía a túa experiencia de Aps, que vos pode dar unha orientación sobre os criterios que se van empregar para a valoración das experiencias.