Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto da investigación

Dende o CUFIE e en colaboración co Servizo de Biblioteca Universitaria e as bibliotecas dos centros, ofertamos o curso semipresencial "Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación"

Obxectivos:

Dotar ao PDI da Universidade da Coruña dos recursos e coñecementos necesarios para optimizar a visibilidade da súa produción científica nas diferentes bases de datos e redes sociais científicas.

Programa do curso:

1. A identificación de autor: nome e filiación

2. A publicación en acceso aberto. O repositorio institucional da UDC

3. Plataformas sociais e redes científicas

Modalidade:

Semipresencial de 12 horas (8h en liña e 4h en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros)

Destinatarios:

Dirixido ao PDI da Universidade da Coruña

Preinscripción ata o 15 de setembro:

Formulario de inscrición pechado

Certificación do curso:

A participación de proveito no curso implica a emisión dun certficado emitido polo CUFIE

Máis información:

Guía didáctica do curso