Xornadas de sensibilización sobre a Diversidade Funcional

A Unidade de Atención á Diversidade ten o pracer de convidarvos ás Xornadas de sensibilización sobre a Diversidade Funcional que terán lugar os vindeiros 21 e 22 de abril no Salón de Actos da Facultade de Socioloxía no Campus de Elviña (localización).

Esta iniciativa está enmarcada dentro das actividades desenvolvidas pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social e en colaboración coa Oficina de Cooperación e Voluntariado.

Consideramos esta actividade de especial interese para toda a comunidade universitaria e na que se presentarán distintas experiencias e vivencias profesionais e persoais, ademáis de obradoiros de sensibilización sobre a diversidade funcional (discapacidade visual, enfermidades raras, déficit auditivo e discapacidade física). Podedes ver o programa completo das xornadas no tríptico.

A inscrición é gratuíta e pode facerse de forma presencial o día de inicio das xornadas ou no seguinte formulario.

A asistencia e participación nas actividades das xornadas será recoñecida cun diploma de asistencia.