Plano de Apoio ao Doutoramento e á Investigación (PAI)

 

A Universidade da Coruña, nun plano de formación conxunto presentado polo Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) e a Escola Internacional de Doutoramento (EIDUDC), presenta este ano unha proposta de formación para estudantes de doutoramento da UDC.

Este plano pretende proporcionar ao alumnado de doutoramento recursos necesarios para afrontar, nas mellores condicións posibles, os retos que inclúe o novo contexto do Espazo Europeo de Educación Superior para os alumnos e alumnas que desexan continuar os seus estudos universitarios nunha liña máis adicada á investigación. Esta iniciativa e as accións asociadas a ela representan o punto de partida para este plano que agora se inicia.

Este plano ten como obxectivo principal complementar a formación transversal dos estudantes que participan nos programas de doutoramento da UDC, de xeito que abranguen aqueles temas que poidan interesar aos estudantes deste nivel independentemente do seu campo de estudo.

Esperamos e desexamos que esta oferta, que é completada con outras dirixidas ao profesorado xa consolidado, sexa útil e valiosa para o alumnado que se plantexa seguir a súa traxectoria profesional dentro do contexto universitario e, en moitos casos, encamiñada non só á investigación senón á docencia dentro da propia institución.