Presentación

PAT 1Un dos puntos fortes dentro do contexto actual do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) son os Plans de Acción Titorial (PAT) das facultades e a súa repercusión na formación do estudantado.

Dentro da Universidad da Coruña está implantado en todas as Facultades e Centros e adaptado ás necesidades de cada un deles, de xeito que, partindo dunhas directrices xerais, cada proxecto está enmarcado na realidade do seu profesorado e estudantado.

O PAT da UDC  foise implantando paulatinamente dende o ano 2007, durante os primeiros anos, como parte dun programa incentivado pola vicerreitoría de calidade e novas tecnoloxías, a través da concesión de contratos-programas naquelas facultades nas que se foi implantando, e para dar resposta ás novas necesidades do contexto do EEES. 

Trátase dun servizo que o alumnado pode utilizar de forma optativa, pero que pero que é recomendable para todos e todas, xa que pode facilitar o seu paso pola universidade aproveitando todas as posibilidades que esta ofrece.

Os obxectivos do PAT son favorecer a excelencia académica, dispensar unha formación integral e otorgar atención a todo o alumnado. 

Enténdese como unha atención personalizada e comprometida do titor ou titora (docente na titulación) que consiste en orientar, guiar, informar e formar ao estudante nos diferentes aspectos da súa traxectoria académica, profesional e persoal, de modo que este acade o maior nivel de desenvolvemento. Desde o curso académico 2011–2012 en todos os centros existe ademáis un titor ou titora responsable do alumnado con necesidades educativas especiais, que manterá un asesoramento permanente da ADI.

Para solicitar as cetificacións de participación no PAT, debe facerse a través do correo electrónico na seguinte dirección: administracion.cufie@udc.es.