Que é a Aprendizaxe Servizo (ApS)?

Gráfico ApS

A ApS é unha proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e servizo á comunidade nun só proxecto, no cal as persoas participantes se forman traballando sobre necesidades reais da contorna co obxectivo de mellorala (Puig et alii, 2011) .

Trátase dunha actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da titulación na que se enmarca esa materia.

No contexto dos plans de estudos da UDC, unha proposta de ApS podería efectuarse no marco das distintas materias dunha titulación así como tamén, no dos TFG, TFM ou Prácticum.