Presentación

Innovación Educativa

Unha das funcións primordiais do CUFIE é a de promover e apoiar a innovación educativa nas súas diversas facetas e desde as diversas especialidades e disciplinas que conforman o mapa de titulacións da UDC.

Conscientes do esforzo que implica para o profesorado a necesaria renovación e actualización constante tanto das metodoloxías coma dos recursos que empregan no proceso de ensino-aprendizaxe, imos  poñer  en marcha varias iniciativas encamiñadas por unha banda a prestar apoio a ese proceso e por outra a dar recoñecemento e difusión ás boas prácticas docentes que se veñan realizando no marco da nosa universidade.
Así pois, nesta páxina os e as docentes poderán:

  • Atopar información e recursos para o emprego de metodoloxías e estratexias didácticas innovadoras.
  • Presentar proxectos novos ou experiencias que se veñan implantando con éxito dende hai tempo e que sexan susceptibles de ser recoñecidos como boas prácticas docentes.
  • Solicitar apoio e asesoramento para a posta en marcha de iniciativas ou experiencias de renovación docente e de innovación educativa.

 

 

Guardar