Calendario guías docentes 17/18

Calendario que se seguirá na elaboración das guías docentes das materias para o curso 2017/2018, en títulos de grao, mestrado e títulos non adaptados ao EEES:

calendario_gd_1718

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(1) Observacións para o coordinador da titulación:

1.1. A asignación das competencias do título ás materias:

  • Asigna en GADU as competencias do titulo ás materias segundo recolle a Memoria do Título (ver Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se xa as asignou en cursos anteriores non é preciso facelo de novo, salvo que haxa algún erro ou sexa preciso facer modificacións polos cambios realizados na memoria do título.
  •  Dispón do titorial de axuda “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Responsable de Titulación” en www.udc.gal/cufie/GD/materiales.html, no que se indica o proceso para asignar as competencias a cada materia.

(2) Observacións para o profesorado da materia:

2.0. Observacións xerais para editar, modificar e confirmar as guías docentes
O profesorado das materias debe saber que ao entrar en GADU para elaborar as guías docentes dun novo curso (2017-18) xa visualiza unha copia das guías docentes do curso actual. Deste modo, as guías que ve do curso 2017-18 é unha copia das guías docentes do curso 2016-17. Polo tanto, o profesorado NON precisa e NON debe usar a función “Importar de” do panel de materias para cargar o contido das súas guías.

Para elaborar unha guía docente dun novo curso (2017-18) o profesorado debe valorar as seguintes situacións e proceder segundo se indica para cada caso:
1. Se non precisa facer cambios:
 Só debe confirmar a guía docente. Para iso ten que ir ao “Paso 10: Confirmar guía docente”, premer “Enviar confirmación” e, unha vez que o semáforo se pon en amarelo, premer sobre a luz verde do semáforo.

2. Se precisa facer pequenos cambios: 

Deberá ir a cada un dos pasos da guía para facer os cambios necesarios e Confirmar a guía docente.

3. Se a guía non está feita (está valeira por ser a materia dun título que inicia a súa implantación por primeira vez) ou que está feita e vai cambiar todo o seu contido. Neste caso ten dúas opcións:


3.1. Ben editar cada un dos pasos da guía para introducir o seu contido.
3.2. Ben utilizar a función “Importar de” do panel de materias para importar a guía docente doutra materia que ten a guía feita, xa que contén información que pode ser común a ambas materias (contidos, metodoloxías, atención personalizada, observacións da avaliación e/ou fontes de información). Neste caso, unha vez feita a importación, o profesorado sempre debe editar e completar os seguintes pasos da guía docente (xa que o seu contido é específico da materia en relación coas competencias propias da titulación): “Paso 2: Resultados de aprendizaxe”, “Paso 4: Planificación”, “Paso 7: Avaliación”. Os demais pasos importados (“Paso 3: Contidos”, “Paso 5: Metodoloxías”, “Paso 6: Atención personalizada”, “Paso 8: Fontes de información” e “Paso 9: Recomendacións” debe revisalos para facer os cambios necesarios ou confirmar o mesmo contido importado.
3.3. Logo debe confirmar a guía docente.
 

2.1. A contribución das metodoloxías e da avaliación ao desenvolvemento das competencias do título:

  •  “Paso1: Competencias do título”: revisa que as materias teñen asignadas as competencias do título segundo recolle a Memoria do Título (ver Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se faltan competencias por asignar ou ten asignadas outras que non corresponden á materia, debe comunicalo ao Coordinador do Título.
  •  “Paso 2: Resultados de aprendizaxe”: revisa a asignación dos resultados de aprendizaxe ás competencias do título.
  •  “Paso 4: Planificación” e “Paso 7: Avaliación”: indica na columna “competencias” a contribución das Metodoloxías e dos Sistemas de Avaliación ás competencias do título.
  •  Dispón dos recursos de apoio en www.udc.gal/cufie/GD/materiales.html:
    •  “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Profesor”, no que se indica como reflectir a contribución das metodoloxías e dos sistemas de avaliación ao desenvolvemento das competencias do título asignadas á materia.
    • Guía para a elaboración das guías docentes de materia na UDC”, a través da que se indican, paso a paso, as orientacións metodolóxicas para o deseño das guías docentes de materia.

2.2. A avaliación e o “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”:

Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o profesorado recollerá nas guías docentes de maneira específica as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”.

En consonancia con estas normas, poderase recoller nas guías docentes seguindo as seguintes recomendacións:

  1. “Paso 6: Atención personalizada”: describir as medidas de atención personalizada específicas indicando as metodoloxías (dinámicas de traballo) que se desenvolverán con este alumnado para o estudo da materia.
  2.  “Paso 7: Avaliación”, apartado “Observacións”:

a. Describir para a primeira oportunidade os criterios e actividades de avaliación para este alumnado, o peso que terán na avaliación, e a porcentaxe que dispensa da asistencia.

b. Describir para a segunda oportunidade os criterios e actividades de avaliación para este alumando e o peso que terán na avaliación. (Ver “Guía para a elaboración de guías docentes de materia” pax.35)

2.3. Confirmación da guía docente en:
– “Paso10: Confirmar guía docente”: cada novo curso ao cargar as guías o semáforo aparece en vermello. O profesorado debe confirmar a guía docente e poñer o semáforo en verde (estado finalizada).

Nota importante: Para acceder á versión das guías anterior ao curso 15/16 habilitouse unha ligazón na páxina de entrada a GADU (https://guiadocente.udc.es). Na vista pública das guías pódense visualizar e descargar en (pdf) as guías de tódolos cursos.

A Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente coordina este proceso a través da Área de Guías Docentes do CUFIE, da que recibirán puntualmente a información e apoio necesario dende a súa web http://www.udc.es/cufie/GD, na ext. 5612 e a través do correo electrónico gadu@udc.es