Calendario Guías Docentes 2016/17

Calendario que se seguirá na elaboración das guías docentes das materias para o curso 2016/2017, en títulos de grao, mestrados e títulos non adaptados ao EEES:

calendario_guias_1617

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(1) Observacións para o coordinador da titulación:

1.1. Sobre a asignación das competencias do título ás materias:
  • Asigna en GADU as competencias do titulo ás materias segundo recolle a Memoria do Título (ver Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se xa as asignou no curso 15/16 non é preciso facelo de novo, salvo que haxa algún erro ou sexa preciso facer modificacións polos cambios realizados na memoria do título.
  • Dispón do titorial de axuda “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Responsable de Titulación” en www.udc.gal/cufie/GD/materiales.html, no que se indica o proceso para asignar as competencias a cada materia.

(2) Observacións para o profesorado da materia:

2.1. Sobre a contribución das metodoloxías e da avaliación ao desenvolvemento das competencias do título:
  • No “Paso1: Competencias do título” revisa que as materias teñen asignadas as competencias do título segundo recolle a Memoria do Título (ver Portal de Estudos da UDC (http://estudos.udc.es; dende onde se irá a: título/resultados/asegurando a calidade/Memoria do título). Se faltan competencias por asignar ou ten asignadas outras que non corresponden á materia debe comunicalo ao Coordinador do Título.
  • No “Paso 2: Resultados de aprendizaxe” revisa a asignación dos resultados de aprendizaxe ás competencias do título. No “Paso 4: Planificación” e no “Paso 7: Avaliación” indica na columna “competencias” a contribución das Metodoloxías e dos Sistemas de Avaliación ás competencias do título.
  • Dispón dos recursos de apoio en www.udc.gal/cufie/GD/materiales.html:
    •  “Novas funcionalidades en GADU para o perfil Profesor”, no que se indica como reflectir a contribución das metodoloxías e dos sistemas de avaliación ao desenvolvemento das competencias do título asignadas á materia.
    • “Guía para a elaboración das guías docentes de materia na UDC”, a través da que se indican, paso a paso, as orientacións metodolóxicas para o deseño das guías docentes de materia.
2.2. Sobre a avaliación e o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial:

Segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b), o profesorado recollerá nas guías docentes de maneira específica as medidas de dedicación para o “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”.

En consonancia con estas normas, poderase recoller nas guías docentes seguindo as seguintes recomendacións:


1. “Paso 6: Atención personalizada”: describir as medidas de atención personalizada específicas indicando as metodoloxías (dinámicas de traballo) que se desenvolverán con este alumnado para o estudo da materia.

2. “Paso 7: Avaliación”, apartado “Observacións”:


a. Describir para a primeira oportunidade os criterios e actividades de avaliación para este alumnado, o peso que terán na avaliación, e a porcentaxe que dispensa da asistencia.
b. Describir para a segunda oportunidade os criterios e actividades de avaliación para este alumando e o peso que terán na avaliación. (Ver “Guía para a elaboración de guías docente de materia” pax.35)

 

Nota importante:

Para acceder á versión das guías anterior ao curso 15/16 habilitouse unha ligazón na páxina de entrada a GADU (https://guiadocente.udc.es/). Na vista pública das guías pódense visualizar e descargar en pdf as guías de tódolos cursos.

A Vicerreitoría de Oferta Académica e Innovación Docente coordina este proceso a través da área de Guías Docentes do CUFIE, da que recibirán puntualmente a información e apoio necesario dende a súa web, na ext. 5612 e a través do correo electrónico gadu@udc.es.