Presentación

 

GADUGuías Docentes é un servizo recentemente integrado dentro do CUFIE co propósito de dar apoio ao profesorado na elaboración e publicación das Guías Docentes das súas materias a través da aplicación informática GADU (Guía de Harmonización da Docencia Universitaria).

Nos menús da columna esquerda, o profesorado ten á súa disposición toda a información relativa a este proceso:

  •  A ligazón á aplicación GADU serve para entrar a visualizar e editar as guías docentes de materia, ou para revisar e aprobar guías no caso dos perfiles de Departamento ou de Coordinador de Titulación
  • A vista pública das Guías Docentes será de utilidade ao profesorado que queira comprobar cómo visualiza o alumnado as súas guías así como para asegurarse de que se están a aplicar os cambios que se teñan realizado durante o proceso de edición das guías
  •  Os recursos de apoio á elaboración de guías son unha serie de manuais e pequenos titoriais que buscan facilitar aos docentes o proceso de edición das súas guías, así como resolver as dúbidas ou problemáticas máis frecuentes