xoana cap

 

O edificio Xoana Capdevielle está adicado á memoira da bibliotecaria Xoana Capdevielle, que foi muller do gobernador da cidade no ano 1936 e que morreu a mans duns sublevados días despois que o seu marido.

É un edificio destinado a albergar unha importante aula de estudio, así como a biblioteca, os servizos de publicacións e algunhas aulas de formación. Consta de tres andares, unha planta baixa e un sótano no que está o almacén e un arquivo.

No primeiro andar ten o CUFIE as súas aulas de formación e que están á disposición de calquera actividade formativa dentro da universidade, previa solicitude vía correo electrónico (administración.cufie@udc.es).

A primeira destas aulas (Aula 1), ten capacidade para 33 persoas, mentres que a segunda (Aula 2) está equipada con ordenadores portátiles e conta con 25 postos.

Ámbalas dúas están equipadas con:

  • ordenador
  • canón de vídeo
  • conexión a internet, tanto WIFI como LAN
  • televisión
  • rato inalámbrico
  • reproductor de vídeo/dvd
  • pizarra electrónica

Ademáis de estas dúas aulas de formación, o CUFIE ten outra aula de formación equipada con ordenadores portátiles (Aula 3), situada no edificio de Servizos Centrais de Investigación, no andar -4, e que conta con 25 postos.

Aparte dos equipos portátiles este aula esta equipada con:

  • ordenador
  • canón de vídeo
  • conexión a internet, tanto WIFI como LAN
  • pizarra dixital
  • encerado

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar