CUFIE

CUFIE 1

O Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE) creouse no ano 1998 co fin de promover a formación dentro da UDC, así como atender ao desenvolvemento de iniciativas que promovan a innovación dentro sistema educativo.

 

 Son funcións do CUFIE: 

  • A formación do profesorado dos diversos niveis educativos no ámbito formal e non formal.
  • O asesoramento e orientación educativa a profesores, centros, institucións e persoas.
  • O apoio á innovación educativa nas súas diversas facetas e dende as distintas especialidades e disciplinas.
  • A potenciación e difusión de experiencias, traballos e materiais de interese pedagóxico.
  • A información e sensibilización de toda a comunidade universitaria acerca da situación e vivencias das persoas con discapacidade.
  • A elaboración de proxectos de adaptación, orientación e inserción laboral para as persoas con discapacidade.

 

 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000

dominio .gal