Desde o pasado 2 de novembro o correo electrónico de alumno recíbese na nova plataforma (Zimbra). Para acceder, dispón dun servizo de correo web conectándose a https://webmail.udc.es ou configurando o seu cliente de correo electrónico segundo as instruccións que aparecen no apartado Configuración.

Para acceder a esta nova plataforma, deberá utilizar o usuario e contrasinal que se lle proporcionou durante o seu rexistro en https://servizos.udc.es. Se vostede xa tiña unha conta en @ucv.udc.es, seguirá recibindo este correo na nova plataforma de maneira indefinida (neste caso, tamén pode usar o usuario e contrasinal anterior).

A nova conta de correo proporcionada por https://servizos.udc.es é a única que utilizará a UDC para notificacións electrónicas polo que lle recomendamos que a consulte habitualmente ou a redireccione a unha conta que utilice (pode configuralo en https://webmail.udc.es).

A capacidade do buzón de correo é de 200Mb. Lembrámoslle que só se pode acceder ás contas de alumno empregando o correo web ou o protocolo POP. Non se pode empregar o protocolo IMAP.

Para calquera dúbida ou aclaración pode poñerse en contacto co Centro de Atención ao Usuario (CAU) chamando á extensión 2222.