O Consello Social, como órgano de participación da sociedade na Universidade, ten entre os seus obxectivos impulsar as relacións coas empresas e facilitar a inserción laboral dos universitarios, tal e como recolle o seu Regulamento de Organización e Funcionamento.
Consciente da importancia deste labor de achegamento dos universitarios ao mercado laboral e da necesidade de facilitar a formación práctica dos coñecementos adquiridos, o Consello Social mantén dende o ano 1995 un convenio coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) que foi renovado o 16 de maio de 2007, que permite o desenvolvemento dun programa para a realización de prácticas empresariais.
Tanto o convenio de colaboración entre a Confederación de Empresarios de Galicia e a Universidade da Coruña, a través do Consello Social como os acordos subscritos directamente polo Consello Social coas empresas ofrecen a oportunidade a universitarios de calquera titulación de realizar prácticas en compañías de todo o tecido empresarial galego.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000