Composición do pleno
O Consello Social estrutúrase en órganos colexiados e órganos unipersoais.
Son órganos colexiados os seguintes:
- Pleno.
- A Comisión Executiva.
- A Comisión Permanente de Asuntos Económicos,
- Financeiros e Patrimoniais.
- A Comisión Permanente de Supervisión de Actividades Universitarias.
- As Comisións temporais que se determinen constituír.
Son órganos unipersoais os seguintes:
- Presidente.
- Os Vicepresidentes, no seu caso.
- Secretario.
O Pleno, composto por todos os membros do Consello Social, un total de vintesete (27), é o máximo órgano de goberno e de deliberación. A súa composición é a seguinte:
Vinteún membros en representación dos intereses sociais de Galicia designados da seguinte maneira:
- Presidente, nomeado por decreto do presidente da Xunta de Galicia, a proposta do conselleiro competente en materia universitaria.
- Seis membros designados polo Parlamento de Galicia.
- Seis membros designados pola Xunta de Galicia.
- Catro membros designados polas organizacións empresariais.
- Dous membros designados polos sindicatos.
- Un membro designado por cada corporación local dos concellos en que se localizan os campus da UDC (A Coruña e Ferrol).
Seis membros en representación dos intereses da comunidade universitaria:
- Tres membros natos, Reitor, Secretario Xeral e Xerente.
- Tres membros elixidos polo Consello de Goberno da UDC, un profesor, un representante do persoal de administración e servizos e un estudante.