É o órgano de participación da sociedade na UDC. O Consello Social é a ponte de unión entre a sociedade galega e a Universidade.
Impulsar a estratexia de desenvolvemento da UDC, favorecendo a súa interrelación coa sociedade para a procura dunha mellor calidade da ensinanza e investigación universitarias e a súa eficaz transferencia e posta en valor polas empresas, de xeito que a UDC contribúa decisivamente no desenvolvemento económico, social e cultural do seu contorno.
Impulsar a obtención pola UDC dos recursos precisos para procurar a súa suficiencia económica e financeira.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000