|
|
|
|
|
O Consello Social é o órgano de participación da sociedade na Universidade. Entre as súas funcións está a supervisión das actividades de carácter económico da institución universitaria e o rendemento dos seus servizos, promover a colaboración da sociedade no financiamento da Universidade e as relacións entre esta e o seu contorno cultural, profesional, económico e social ao servizo da calidade da actividade universitaria, así como aprobar o presuposto e a programación plurianual da Universidade. O pleno do Consello Social, que preside Antonio Abril Abadín, é o máximo órgano de deliberación deste organismo. Na actualidade, está composto por 27 conselleiros, entre representantes da Universidade, das institucións, dos sindicatos e do ámbito empresarial galego.
|
|