Principais funcións do Consello Social

Funcions

Supervisar as actividades de carácter económico da UDC. En particular, aprobar o orzamento e as contas anuais e aprobar e realizar o seguimento da programación plurianual da UDC.

Fixar os prezos das ensinanzas propias e informar sobre os prezos públicos dos estudos universitarios oficiais.

Informar sobre o cadro de persoal e a relación de postos de traballo do persoal docente, investigador e de administración e servizos da UDC, así como informar sobre os convenios colectivos do persoal en réxime laboral.

Aprobar a creación, modificación ou extinción de calquera tipo de entidades nas que a UDC teña participación no seu capital ou no seu fondo patrimonial.

Supervisar o rendemento e calidade dos servizos universitarios.

Propoñer a implantación e supresión de ensinanzas na UDC conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, así como a creación, modificación, supresión ou adscrición dos correspondentes centros docentes e de institutos universitarios de investigación.

Acordar, co Reitor, o nomeamento do Xerente.

Organizar calquera clase de actividades e eventos que favorezan o coñecemento mutuo e a colaboración da sociedade no financiamento do ensino e da investigación da UDC.

Realizar estudos para a adecuación da oferta de titulacións e do contido dos planos de estudos da UDC ás necesidades sociais e para facilitar a inserción laboral dos titulados universitarios e a transferencia á sociedade dos resultados da investigación desenvolvida na UDC.


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000