Apoiar a implantación na UDC do Espazo Europeo de Educación Superior, procurando a adaptación da nova oferta académica ás necesidades da sociedade.
Impulsar na UDC boas prácticas de cultura organizativa, boa gobernanza e xestión transparente e eficiente en resposta ás necesidades e demandas sociais.
Promover na UDC a cultura emprendedora como competencia profesional xenérica ou transversal clave para o cumprimento da misión da UDC na promoción do desenvolvemento económico e social.
Aprobar e manter actualizado un Plano Estratéxico de Actuacións, e o Compromiso de Servicios, e publicar a Memoria Anual das súas actividades.
Manter actualizada a páxina web onde se publique toda a información relevante do Consello Social e das súas actividades.
Impulsar a organización de toda clase de eventos, incluídos premios, distincións e recoñecementos, que favorezan o coñecemento mutuo e a interrelación entre a UDC e a sociedade.
Promover o achegamento entre a UDC e as empresas, singularmente, a través do fomento das prácticas dos universitarios nas empresas e da creación de Cátedras Universidade - Empresa.
Fomentar a proxección internacional da UDC a través de redes de colaboración no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
Promover o compromiso da UDC no ámbito da súa Responsabilidade Social Universitaria.
Crear e manter vixente unha rede que permita o contacto permanente da UDC cos seus ex-alumnos e outras persoas e empresas relacionadas.
Atender as suxestións e reclamacións no prazo máis breve posible.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000