Congreso de Inteligencia Artificial

A Coruña, 13 de setembro de 2013.- Máis de cen expertos procedentes de distintas universidades de 25 países participarán a semana próxima no congreso LPNMR, considerado como de primeiro nivel no eido da informática, e concretamente do ámbito da intelixencia artificial. Por primeira vez celébrase na Coruña este encontro de alto nivel, cunha participación activa da Universidade da Coruña, tanto como sede das sesións como no seu papel como entidade organizadora, representada no comité polo profesor do departamento de Ciencia Computacional Pedro Cabalar. A Coruña recolle así o testemuño de universidades de alto nivel de países como Canadá, Estados Unidos, Austria ou Alemaña, onde se celebraron edicións anteriores do congreso.
O Paraninfo da Universidade da Coruña acollerá o domingo, 15 de setembro, ás 19:30 horas, a cerimonia de recepción de participantes neste encontro, denominado International Conference on Login Programming and Non-monotonic Reasoning, que se celebrará en paralelo ao obradoiro CLIMA XIV. As sesións de traballo comezarán o mesmo domingo na Facultade de Informática, pero a apertura oficial terá lugar o luns, coa conferencia dun dos máis destacados expertos do mundo en intelixencia artificial, o profesor do departamento de Computación del Imperial College of London Robert Kowalsky.
Este congreso estará centrado en dúas grandes áreas de investigación: a programación Lóxica declarativa e o razonamento Non-monótono, un campo pertencente ao eido da intelixencia Artificial. No que respecta ao obradoiro CLIMA, ten un perfil similar que se engloba tamén no eido da intelixencia artificial pero se centra na aplicación da lóxica computacional a sistemas multi-axente.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000