Xunta e universidades consolidan os investigadores Parga Pondal

Xunta e universidades consolidan os investigadores Parga Pondal

A Coruña, 4 de setembro de 2013.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e os reitores da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares, da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, e da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron onte un convenio para incentivar a incorporación estable no Sistema Universitario Galego de investigadores do programa de formación posdoutoral Isidro Parga Pondal.
O acordo, que estará vixente ata o ano 2016, ten como obxectivo favorecer e consolidar o acceso do persoal posdoutoral ás universidades galegas. A Consellería de Educación aportará 2.783.447,04 euros a este programa cofinanciando coas universidades os gastos do persoal vinculados ao desenvolvemento do traballo dos investigadores.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000