A Coruña, 24 de xullo de 2013.- O Consello Social ratificou onte a liquidación das contas da Universidade da Coruña correspondente ao exercicio económico de 2012, logo de que se aprobase previamente na sesión de Consello de Goberno.
Tanto a liquidación do orzamento do ano pasado como dos anteriores pode consultarse en libre acceso na páxina web da Universidade da Coruña http://www.udc.es/goberno/equipo_reitoral/vice_planificacion_economica_e_infraestruturas/planificacion_economica/documentos/memorias_economicas.html.
Segundo a documentación aportada na explicación das contas houbo un resultado orzamentario positivo en que os dereitos recoñecidos netos e as obrigas recoñecidas ascendeu a 42.944,71 euros. A execución do orzamento de 2012 situouse nun 79,63% e os pagamentos a provedores situáronse no 98,14%, o que supón un alto grao de cumprimento. Así mesmo, destacouse que os ingresos pendentes de cobro ascenderon a 20,5 millóns de euros a finais de ano. Esta situación foi provocada esencialmente polos retrasos nos pagos por parte da Administración do Estado e da Xunta de Galicia, pero unha parte das contías pendentes xa se abonou nos primeiros meses de 2013. A situación de tesourería determinou un pendente de pago de 2,29 millóns de euros, cifra inferior á do exercicio anterior que se situou en 2,82 millóns de euros. As contas están auditadas externamente.
Varios membros do Consello de Goberno valoraron na sesión de onte o saldo favorable e a existencia de remanente de tesourería non afectado. Pese a que a Universidade da Coruña ten unha situación orzamentaria razoablemente equilibrada séguese coa política de aforro emprendida hai xa varios exercicios.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000