Alumnos de Arquitectura completarán su formación con estancia en Armenia

A Coruña, 19 de xullo de 2013.- O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, a subdirectora da Escola Técnica Superior de Arquitectura, María Amparo Casares, e o profesor Felipe Peña explicarán o luns, 22, en rolda de prensa, o convenio establecido entre a UDC e a Universidade Técnica de Arquitectura e Construción de Erevan, Armenia.
O acordo, asinado xa entre ambos os dous reitores, permitirá que o alumnado de Arquitectura da UDC poida trasladarse o curso próximo á universidade armenia nunha estadía formativa.
A rolda de prensa terá lugar na Sala de Prensa da Reitoría, o luns, 22 de xullo, ás 11:00 horas.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000