Normal, el espacio cultural de la UDC, inaugura exposición Té con madalenas

A Coruña, 18 de xullo de 2013.- Mañá venres 19 de xullo, ás 20:00 horas, Normal, o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña, acollerá o acto de celebración do final do work-in-progress do seu proxecto artístico “Té con madalenas”. Con este evento, finaliza o proceso de construción en aberto das oito obras que ocuparán a sala de exposicións do recinto cultural até o vindeiro mes de setembro. A mostra poderá ser visitada de forma gratuíta ao longo do verán.
Durante o acto de inauguración da exposición, as artistas Palmira Castro e Paulina Funes presentarán a súa performance “Toma aire”, unha peza creada en exclusiva para homenaxear aos participantes (artistas e colaboradores) no desenvolvemento de “Té con madalenas”. Así mesmo, o compositor e intérprete galego Fran Pérez Narf poñerá a nota musical cun concerto acústico. A entrada a este acto é libre.
“Té con madalenas” é un proxecto artístico que pretende mostrar o ser e o crear das oito persoas que o conforman e que desenvolveron, ao longo de tres meses e especificamente para Normal, oito proxectos polifacéticos (instalacións, obradoiros, workshops, performance, proxectos de colaboración cidadá) nos que falan delas mesmas e dos tempos, espazos e memorias que as constrúen. Begoña Ante, Paula Cabaleiro, Carolina Cruz Guimarey, Christian García Bello, Lula Goce, Jorge Perianes, Laura Piñeiro e Neves Seara son os oito nomes que protagonizan esta exposición xurdida dun work-in-progress que estivo aberto á participación cidadá e foi comisariado e coordinado por Clara Rodríguez Cordeiro. Máis información en http://istoenormal.org/gl/
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000