A Coruña, 9 de xullo de 2013.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, inaugurará mañá, mércores, 10 de xullo, o Curso de Pensamento Carlos Gurméndez que nesta 16.º edición leva como título: “Concepción Arenal. Paixón pola liberdade e a xustiza”.
O curso desenvolverase os días 10, 11 e 12, no salón de actos do campus e na inauguración, ás 10:00 horas, estará tamén o presidente de Honra do Club de Prensa de Ferrol, Germán Castro, a decana do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, Nieves Santomé, e a directora do curso, María Antonia Pérez. O curso está organizado polo Club de Prensa de Ferrol, a Universidade da Coruña, o Colexio de Avogados de Ferrol e o Concello de Ferrol, e conta co patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.
O programa do curso pode seguirse en:
http://www.clubdeprensadeferrol.com/sp/gurmendez/programa.php
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000