Filoloxía acollerá o I congreso internacional de Humanidades Dixitais

A Coruña, 3 de xullo de 2013.- A Asociación Internacional “Humanidades Digitales Hispánicas (HDH)” celebrará o seu primeiro congreso na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña entre os días 9 e 12 de xullo de 2013. O congreso suscitou moito interese, dado o impulso crecente que teñen as Humanidades Dixitais en todo o mundo, como confirma a presenza na Facultade de máis de 130 especialistas de todo o mundo. O SIELAE (Seminario Interdisciplinar para o estudo da Literatura Áurea Española), do Departamento de Filoloxía Española e Latina da UDC foi encargado da organización do congreso pola asociación, e recibiu o patrocinio da prestixiosa ADHO (Alliance of Dixital Humanities Organizations). Así mesmo, o SIELAE organizou un curso-taller de seis módulos impartidos por profesores expertos en Humanidades Dixitais de varias universidades e que se iniciará un día antes de comezar o congreso.
Haberá cinco relatorios plenarios e presentaranse, tras pasar unha avaliación por pares, 58 comunicacións e cinco posters. Os participantes como relatores proceden de Canadá, Colombia, Francia, Hungría, Italia, México, Portugal, Suíza, Reino Unido, Estados Unidos e España.
Para máis información: http://hdh2013.humanidadesdigitales.org/

 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000