A Coruña, 28 de xuño de 2013.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, presentará en rolda de prensa o vindeiro luns, 1 de xullo, ás 13:00 horas, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, o 16º Curso de Pensamento Carlos Gurméndez que nesta edición leva como título “Concepción Arenal. Paixón pola Liberdade e a Xustiza”.
Xunto coa vicerreitora estará o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o concelleiro de Cultura e Universidade, Manuel Reyes García-Hurtado, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, María Ares, a decana do Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, Nieves Santomé, e a directora do curso, María Antonia Pérez.
O curso que terá lugar no salón de actos do Campus de Ferrol os días 10, 11 e 12 de xullo, está organizado polo Club de Prensa de Ferrol, a Universidade da Coruña, o Concello de Ferrol e o Colexio de Avogados de Ferrol e conta co patrocinio da Xunta de Galicia.
Máis información:
www.clubdeprensadeferrol.com
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000