A vicerreitora de Ferrol inaugura un encontro de xeometría diferencial

A Coruña, 26 de xuño de 2013.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, inaugurará mañá, xoves, 27 de xuño, ás 12:00 horas no Salón de actos do campus o “Encontro de Xeometría Diferencial e as súas aplicacións”.
Na apertura do seminario estarán o director da Escola Universitaria Politécnica, Manuel Ángel Graña, o director da Escola Politécnica Superior, Alberto Ramil, e o director do Instituto de Ciencias Matemáticas, Manuel de León Rodríguez.
O evento está organizado polo grupo de investigación “Xeometría Diferencial e as súas aplicacións” da Universidade da Coruña. Este grupo xurdiu pola iniciativa do profesor da Escola Politécnica Superior, Eugenio Merino Gayoso, falecido recentemente, que foi tamén o responsable de diversos encontros e congresos aos que acudiron matemáticos de recoñecido prestixio.
As conferencias do encontro, que terán lugar na aula 15 da Escola Politécnica Superior, desenvolveranse durante os días 27 e 28 deste mes.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000