A Coruña, 25 de xuño de 2013.- A Reitoría da Universidade da Coruña acollerá mañá, mércores, 26 de xuño, unha nova sesión do Consello de Goberno que comezará ás 9:30 horas en segunda convocatoria.
A orde do día inclúe temas como a elección dun representante dos estudantes no Consello Social, a aprobación do Manual de avaliación da actividade docente do profesorado, así como da IV Convocatoria Docentia, a Normativa de permanencia, e varios puntos relativos a profesorado como cambio de dedicación, de departamento e área de coñecemento, nomeamento de profesores honorarios ou unha excedencia temporal.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000