A Coruña, 17 de xuño de 2013.- Natalia Álvarez Lata, vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación, presentará mañá en rolda de prensa os graos plurilingües que a Universidade da Coruña ofrecerá o próximo curso.
A vicerreitora estará co decano da Facultade de Economía e Empresa, Anxo Calvo, co decano da Facultade de Ciencias, Moisés Canle, e co director da Escola Politécnica Superior, Alberto Ramil. A rolda de prensa será na Sala de Prensa da Reitoría, A Maestranza, ás 11:00 horas.
A Universidade da Coruña ofertou este curso por primeira vez a posibilidade de que un grupo de alumnos de primeiro curso de Administración e Dirección de Empresas, que se imparte na Facultade de Economía e Empresa, tivesen as clases en inglés, español e galego. O vindeiro ano esta iniciativa estenderase a outros graos, ademais de continuar coa experiencia de ADE, debido ao éxito da súa acollida.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000