A Coruña, 7 de xuño de 2013.- O vicerreitor de Investigación e Transferencia, Ricardo Cao, está esta semana de viaxe en Bruxelas para ampliar os contactos de investigación e abrir novas vías de financiamento europeo para os proxectos da Universidade da Coruña.
A súa estadía comezou impartindo unha conferencia na Universiteit Hasselt, onde tivo unha xuntanza de traballo co vicerreitor de Investigación desta universidade e con outros investigadores. Ademais, visitou o local que as tres universidades galegas teñen en Bruxelas, na sede do Centro Superior de Investigaciones Científicas, CSIC. A estadía do vicerreitor rematará con encontros con diversos investigadores, ademais de ter unha reunión no Parlamento europeo co eurodiputado galego Antolín Sánchez Presedo.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000