A Coruña, 5 de xuño de 2013.- O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, presentará en rolda de prensa mañá, xoves, 6 de xuño, na Sala de Prensa da Reitoría, ás 11:00 horas, o Fondo Social da UDC.
Este Fondo Social de nova creación na Universidade da Coruña está dirixido aos estudantes e ten como obxectivo facilitar o acceso e a consecución dun título universitario nos campus da Coruña e Ferrol. Deste xeito, a Universidade da Coruña poñerá en marcha o vindeiro curso unha serie de medidas, económicas e académicas, para acadar este fin. Xunto co reitor, estará na rolda de prensa a vicerreitora de Estudantes, Deportes e Cultura, María José Martínez.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000