Homenaxe ao filósofo Fernández Buey na Facultade de Socioloxía

A Coruña, 5 de xuño de 2013.- O Salón de Graos da Facultade de Socioloxía acollerá mañá, xoves, 6 de xuño, a partir das 10:00 horas, o acto de homenaxe ao filósofo e profesor Francisco Fernández Buey, falecido o pasado ano. Este acto, organizado polo Grupo de Socioloxía das Migracións da Universidade da Coruña, iniciarase coa intervención de Antonio Izquierdo Escribano, catedrático de Socioloxía, e continuará con Ascensión Cambrón Infante, profesora titular de Filosofía do Dereito, ambos os dous da UDC. Nesta xornada tamén participará Eloy Fernández Porta, profesor de Novas Formas e Novos Ámbitos Literarios da Universitat Pompeu Fabra de Barcelona, así como Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega. A xornada rematará ás 13:45 horas coa intervención de Jordi Mir, coordinador da Cátedra Unesco d’Estudis Interculturals e profesor no departamento de Humanidades da Universitat Pompeu Fabra.
No marco desta homenaxe terá lugar tamén mañá, ás 20:00 horas, na librería Arenas, a presentación do libro Emociónese así. Anatomía de la alegría (con publicidad encubierta), de Eloy Fernández Porta, publicado por Anagrama e Premio Ciudad de Barcelona de Ensayo o pasado ano.
 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000