A Coruña, 30 de maio de 2013.- O reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto, pechará mañá, venres, 31 de maio, o curso de posgrao de Responsabilidade Social da Cátedra Inditex-Universidade da Coruña, nun acto que comezará ás 13:00 horas no Paraninfo da Reitoría.
Xunto co reitor estará o presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, Antonio Abril, a vicerreitora do campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, o decano da Facultade de Economía e Empresa, Anxo Calvo, e a directora da Cátedra Inditex-Universidade da Coruña de Responsabilidade Social, Marta Rey.
No transcurso do acto de clausura intervirá Joaquín Nieto Sainz, director da Oficina da Organización Internacional do Traballo para España, quen impartirá a conferencia “Unha era de xustiza social para unha globalización equitativa”.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000