A Coruña, 28 de maio de 2013.- A orde do día do Consello de Goberno da Universidade da Coruña inclúe na súa sesión de mañá, martes, 28 de maio, un informe no que se dará conta do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña sobre a cesión do edificio centro social Soutomaior para o seu uso como residencia universitaria.
A sesión, que está previsto que se inicie ás 9:00 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, leva outros asuntos a tratar como as eleccións para a cobertura de vacantes nas comisións delegadas do Consello de Goberno ou a oferta xeral de materias de libre elección e a de cursos, seminarios, xornadas e actividades de libre elección para o vindeiro curso. Ademais, analizarase o calendario de admisión e matrícula dos estudos de doutoramento, entre outros temas da orde do día.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000