Conferencia na Facultade de Ciencias

A Coruña, 20 de maio de 2013.- O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xulio Maside ofrecerá mañá martes, 21 de maio, ás 13.00 horas, unha conferencia na Facultade de Ciencias, que leva por título Selección natural en Cryptosporidium: un protozoo parásito de grande prevalencia en humanos e outros vertebrados.
Esta conferencia, organizada pola Facultade de Ciencias en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, enmárcase no ciclo Ciencias en Galego, impulsado co obxectivo de potenciar a divulgación científica neste idioma.

 



 


Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000