A Coruña, 13 de maio de 2013.- A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, convoca o V Premio de Tradución ao Galego de Textos Científico-Técnicos, dirixido a todo o estudantado da Universidade da Coruña.
As modalidades de participación son catro: tradución directa do francés ao galego, tradución inversa do galego ao francés, tradución directa do inglés ao galego e tradución inversa do galego ao inglés. A data límite para a recepción dos traballos é o 31 de maio de 2013 e os gañadores ou gañadoras de cada modalidade recibirán un premio en metálico de 250 euros.
Para máis información, consúltese o texto da convocatoria
http://www.udc.es/filo/estudantes/convocatorias/2013_05_07_Convocatoria_V_Premio_Traducion.html
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000