A Coruña, 7 de maio de 2013.- A Facultade de Filoloxía da UDC acollerá diversas actividades nun programa mensual que se inicia mañá mércores, 8 de maio, ás 13.00 horas, coas Xornadas de orientación laboral tituladas Profesións para filólogos II.
Xa para o venres, 10 de maio, ás 10.30 horas, está prevista unha conferencia do doutor Hadrian Lankiewicz, da Universidade de Gdansk (Polonia). Este relatorio, que levará por título Language and Culture: Matrix, Virtual Reality and Science Fiction (Matrix, realidade virtual e ciencia ficción) enmárcase no ciclo de conferencias New trends in english studies (novas tendencias en estudos de inglés), organizado polo Grupo de Investigación Cultura Literatura, CLIN, do departamento de Filoloxía Inglesa.
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9
15001 A Coruña
+34 981 167 000